ESP - GAL

TRABALLOS DE ESCAIOLA EN RIANXO E BARBANZA

En Decoracións Simón levamos a cabo todo tipo de traballos en escaiola. Instalamos molduras nos teitos e paredes ademais de facer mobles ou estantes para aproveitar os pequenos espazos das habitacións facéndoos totalmente funcionais.

Contamos cun persoal de profesionais especializados na colocación de escaiola, que lle garanten aos nosos clientes un servizo rápido, efectivo e limpo na súa vivenda, oficina ou empresa.

Traballos totalmente a medida en escaiola: teitos continuos de escaiola, decoración en escaiola, columnas de escaiola, arcos e molduras, apliques de luz de escaiola, plafóns...

Podemos conseguir darlle a unha habitación unha imaxe totalmente renovada, facéndoa máis vistosa e actual.

Chámenos e informarémolo sen problema.