ESP - GAL

ESPECIALISTAS EN ELIMINACIÓN DE FILTRACIÓNS

En Decoracións Simón realizamos a impermeabilización de terrazas e cubertas. Traballamos con produtos de primeira calidade para garantirlle aos nosos clientes un resultado óptimo.

Para unha correcta impermeabilización en Decoracións Simón facemos todos os traballos previos á mesma como a limpeza da superficie, corrección de gretas ou roturas, tratamento da superficie...

Dispoñemos dos tratamentos máis novos para a impermeabilización de terrazas, eliminación de filtracións de auga en garaxes, sotos e fosos de ascensor, solucionando o problema de forma definitiva, sen grandes obras e a prezos moi competitivos.

Se desexa unha boa impermeabilización, en Rianxo ou en calquera punto da comarca do Barbanza e arredores, para evitar que as filtracións de auga afecten á estrutura da súa casa, edificio, garaxe, soto... só ten que chamarnos.

Facilitarémoslle presuposto sen compromiso.