ESP - GAL

EMPRESA LÍDER EN RESTAURACIÓN DE FACHADAS

En Decoracións Simón, esforzámonos en seguir ofrecendo os niveis de calidade que nos caracterizan, e así conseguir en cada un dos nosos traballos a satisfacción do cliente.

Ao longo da nosa etapa profesional, que xa é de 14 anos, fomos adquirindo novos coñecementos e técnicas para ofrecer un servizo completo e profesional.

A nosa actividade abarca a pintura interior e exterior realizando tamén traballos de alta decoración, colocación de murais e papeis pintados, instalación de tarima e pladur pasando pola colocación de moldura así como traballos en escaiola e a impermeabilización de terrazas e cubertas.

Contamos cun gran equipo que se ocupará da execución de calquera tipo de proxecto pulindo ata o último detalle. A dirección de obra é unha das partes máis importantes do traballo e nós, como especialistas en decoración de espazos, somos a empresa perfecta para o seu correcto desenvolvemento.

Somos unha empresa con experiencia no sector e é por iso que desenvolvemos unha filosofía de traballo clara, centrada en aspectos como a seguridade, a calidade e a innovación en cada unha das nosas obras. Proporcionamos aos nosos clientes solucións construtivas que lle axuden a mellorar a calidade de vida reformando, rehabilitando ou construíndo espazos novos.

En Decoracións Simón poñémonos á súa disposición para levar a cabo todos os traballos que precise, facilitándolle presuposto sen compromiso.

SOLICITAR PRESUPOSTO

Póñase en contacto connosco e facilitarémoslle un presuposto sen compromiso

ÚLTIMOS TRABALLOS REALIZADOS