ESP - GAL

MONTAXE E INSTALACIÓN DE PLADUR

En Decoracións Simón traballamos con pladur, o que nos permite facer pequenas obras en pouco tempo coas mínimas molestias para os clientes.

O pladur permítenos levantar pequenos tabiques ou paredes dunha maneira rápida e sinxela favorecendo aos clientes pola rapidez no traballo e unha instalación máis limpa que na que se utiliza o ladrillo, favorece o illamento tanto térmico como acústico, é máis limpo a longo prazo.

As placas de pladur poden utilizarse con numerosas finalidades aínda que a máis habitual é a creación de teitos, pois poden ofrecer melloras na instalación como resistencia á humidade ou illamento térmico.

O pladur é un material perfecto para calquera reforma debido á súa rápida montaxe e limpeza xa que ao realizar a súa instalación en seco apenas deixa danos.

O seu acabado final é inmellorable debido aos numerosos controis que realizan dende fábrica conseguindo un produto cun aspecto liso e preparado para ser pintado, alicatado, empapelado...

Cada vez son máis as persoas que desexan instalar placas de pladur nas súas vivendas, oficinas e empresas debido á comodidade que presenta a curto e longo prazo sendo un material limpo e resistente.

Póñase en contacto connosco e asesorarémolo sobre este tipo de instalacións.