ESP - GAL

INSTALACIÓN DE TARIMAS EN RIANXO, BARBANZA E ARREDORES

En Decoracións Simón tamén realizamos traballos de instalación e mantemento de todo tipo de tarimas. Dispoñemos dunha ampla gama de cores e acabados entre os cales poderá escoller aquel que mellor se adapte á súa vivenda, oficina, local comercial, etc.

Como profesionais facemos o traballo coidando os detalles para a satisfacción dos nosos clientes.

Somos instaladores especializados en tarimas de madeira. Os nosos profesionais, contan cunha gran experiencia na colocación de pavimentos de madeira creando espazos únicos baseados nas necesidades de cada un dos nosos clientes.

Temos as tarimas e parqués de mellor calidade pegadas ao chan cunha cola especial para elas. Nivelamos a soleira 100% e pegamos a tarima en cuestión sobre ela conseguindo así un acabado perfecto.

Non o pense máis e infórmese. Facilitarémoslle presuposto sen compromiso.